QUÉ PODES APRENDER



A Escola de Música Municipal de Moaña propón unha formación musical amena, práctica e completa que abrangue dende os tres anos ata a idade adulta coa que poder aprender a comunicarse, comprender e gozar dun xeito máis pleno do mundo da  música. 


5.1      Se tes entre tres e sete anos- DESCUBRINDO OS SONS e OS RITMOS

Formarás parte dun grupo cos teus compañeiros e compañeiras no que espertarás, explorando do xeito máis intuitivo e inmediato , as túas habilidades musicais.
Escoitar, imitar, bailar, tocar, cantar... Atoparás un ambiente relaxado e estimulante no que a túa achega será o máis importante.

Hai unha gran variedade de instrumentos de percusión, instrumentos de lamias de todos os tamaños, instrumentos sinxelos como asubíos, ocarinas, frautas de émbolo ou a frauta doce, para iniciarte coas primeiras melodías. Hai xoguetes musicais e xoguetes sensoriais de todos os tipos, texturas e cores, que enriquecerán e estimularán as túas experiencias musicais.

Serás protagonista de historias inventadas e contos musicados e aprenderás e xogarás con melodías e ritmos de diferentes culturas e dos máis variados estilos, desde a música popular e clásica ata o rock e o rap, pois xogando e explorando é como as mentes creativas adquiren as habilidades e os coñecementos.
E, como non, están a voz e os instrumentos que as profesoras e os profesores usan para acompañar, comunicar e transmitir. Todos estes ingredientes, xunto co talento natural da cativada, teñen como resultado a receita musical máis saborosa.

As clases teñen unha duración de 45 minutos, tempo que consideramos óptimo para aproveitar a concentración das pequenas mentes, con unha ou dúas sesións semanais segundo a idade.



5.2      Se tes de oito anos en diante-  O PASO AO INSTRUMENTO PROPIO

Comezarás unha relación co teu instrumento musical que, como se dunha extensión do teu corpo se tratase, permitirache descubrir unha nova maneira de gozar dos sons e melodías, afrontar novos retos de superación persoal e coñecer un novo modo de relación cos demais.

Poderás escoller entre os instrumentos dispoñibles para practicar a lectura musical e interpretar as túas melodías favoritas. As clases poden ser individuais ou colectivas e non hai límites aos teus gustos e habilidades. Dende Mozart ate Justin Bieber… dende rock, folk, jazz ou pop ate barroco ou clasicismo.

As clases teñen unha duración de 20 minutos semanais os tres primeiros anos e de 30 minutos de 4º a 8º curso. O máis común é agrupar a dous ou tres alumnos de niveis similares conformando así clases de 40 a 90 minutos  semanais


Nas clases grupais - APRENDENDO COS DEMAIS

A aprendizaxe musical na escola fundaméntase na participación grupal, pois non entendemos doutra maneira a música máis que para gozala con outras persoas, sexan outros músicos ou sexan as persoas oíntes. A formación grupal está exposta dende os tres anos de idade e é ao acadar a idade de oito cando se incorporan a agrupacións puramente instrumentais e vocais nas que se interpretan partituras convencionais. Así, durante a túa etapa educativa formarás parte do grupo de MUSICACTIVA, da BANDA INFANTIL, DO CORO, DA BANDA XUVENIL, DA BIG BAND ou dos COMBOS de MÚSICA MODERNA. Imaxínate tocando a túa melodía preferida acompañado por outros músicos da túa idade e participando en concertos nos que o público aplaudirá con fervor polo ben que o facedes…!

Paralelamente, tamén a partir dos oito anos, nas materias de LINGUAXE MUSICAL, ARRANXOS MUSICAIS ou HISTORIA PRÁCTICA DA MÚSICA recibes formación complementaria que che permitirá adquirir os coñecementos suficientes para considerarte un afeccionado á música ben formado. E se tes especial inquedanza pola música e cres que pode ser o teu futuro profesional, poderás cursar un plan de preparación específico para a proba de acceso ao conservatorio chamado COCO.

As clases teñen unha duración de 60 minutos ou 90 minutos semanais segundo o tipo de materia.




BLOQUES DE ENSINO:


INICIACIÓN MUSICAL 3 a 7 anos
Iniciación 3-4: nenos/as de 3 e 4 anos (45 min)
Iniciación 5: nenos/as de 5 anos (45+45 min)
Iniciación 6: nenos/as de 6 anos (45+45 min)
Iniciación 7: nenos/as de 7 anos (45+45 min)


NIVEL I ( 1º 2º 3º ) 8 anos ou +

Materias obrigatorias
INSTRUMENTO INDIV. 1º/2º/3º (20 min)
LINGUAXE MUSICAL 1º/2º/3º (60 min)

Agrupacións
MÚSICA ACTIVA 1º/2º/3 (60 min)
BANDA INFANTIL 1º/2º/3º (60 min)
GRUPAD 1º/2º/3º (60 min)

NIVEL II (4º 5º 6º)

Materias obrigatorias
INSTRUMENTO INDIV. 4º/5º/6º (30 min)
LINGUAXE MUSICAL 4º/5º   (90 min)

Agrupacións:
BANDA XUVENIL  (90 min)
CORO  (60 min)
COMBO (60 min)
COCO  (60 min)

NIVEL III (7º 8º)

Materias obrigatorias
INSTRUMENTO INDIV. 7º/8º (30 min)
ARRANXOS 7º/ (60 min)

Materias complementarias
HISTORIA PRÁCTICA /8º (60 min)

Agrupacións:
BANDA XUVENIL (90 min)
COMBO  (60 min)
BIG BAND (60 min)
CORO    (60 min) 


PAUTAS PASO NIVEL:

Para acceder ó Nivel II @ alumn@ deberá cursar as materias obrigatorias e  1 ano de Música Activa e 1 de Banda Infantil.

Para acceder ó Nivel III @ alumn@ deberá cursar as obrigatorias e, cando menos, 1 ano de Coro, 2 de Banda Xuvenil

Para acceder ó Nivel III haberá unha PROBA PRÁCTICA DE APTITUDES con e sen Instrumento que determinará a viabilidade para cursar 7º e 8º curso

Para completar o Nivel III @ alumn@ deberá cursar as obrigatorias e 1 ano de Historia  e 1 ano de algunha das agrupacións.

Para un desenrolo máis axeitado da súa formación musical é conveniente cursar 2 anos de CORO

Existe   a posibilidade de que @ alumn@ faga un ano máis no Nivel I  cando non acade os obxectivos mínimos, sempre e cando non sexa por falta de dedicación ás materias.

Para COMBO B e C ten prioridade o alumnado do Nivel III.  

Existe un curso de acceso ó conservatorio ( COCO ) que é opcional e se aplicará nos casos que o equipo docente considere preciso.

Unha vez rematado o Nivel III, o alumnado ten a oportunidade de seguir formando parte das agrupacións se hai praza, previa formalización da matrícula.

O acceso ós Niveis II  e III queda supeditado a estas normas.


NORMAS  XERAIS:

·   As clases impartiranse nas instalacións da Escola Municipal de Música.
·  Somentes poderán asistir ás clases os alumnos que aboasen previamente o importe correspondente á taxa de matrícula no prazo establecido e non teñan pagos pendentes.
·  A preferencia por un horario ou profesor non é un dereito. En calquera caso e sempre  que sexa posible, respectaranse os desexos de pais/nais e alumnos.
·   A asistencia ás clases e o rendemento académico debe ser regular. En caso de ausencias inxustificadas (máximo 3 por trimestre/materia), baixo rendemento e as normas que regula este Centro, o equipo directivo e/ou a Comisión de Coordinación Pedagóxica tomaría as medidas oportunas inclusive a baixa no Centro.
·   A estrutura do Plan de Estudos fai necesaria a flexibilidade nos horarios por parte do alumnado, polo que poderán ser modificados temporalmente ó longo do curso.
·    A práctica diaria co instrumento na casa é fundamental. Os pais axudarán recordando e apoiando no estudo ó neno/a. No libro do alumno se poderán apuntar os minutos de dedicación diaria.  
·    A promoción de Nivel faise efectiva trala Avaliación Final. Os alumnos solicitarán a matrícula no Nivel correspondente segundo esta avaliación.
·    Só se poderá cambiar de instrumento por motivos de índole física previo informe do mestre titor. A petición será aprobada pola Comisión de Coordinación Pedagóxica.
·    Os instrumentos de préstamo só están dispoñibles o 1º curso. Calquera dano ocasionado deberá ser  reparado polo usuario.
·    Coa formalización da matrícula, o alumnado asumirá as Normas Xerais e o Regulamento de Servizo da Escola de Música Municipal de Moaña.


ITINERARIO DO PLAN DE ESTUDOS  DA ESCOLA: