NOVO INGRESO 23 24







PRAZAS VACANTES DESPOIS DO PROCEDEMENTO DE NOVO INGRESO REALIZADO EN XULLO ( ACTUALIZADO XOVES 12 DE XULLO)

INICIACIÓN MUSICAL 7 (NADOS NO 2016) 
  • 3 PRAZAS

FORMACIÓN INSTRUMENTAL ( NADOS ENTRE O 2015 E 2007 AMBOS INCLUSIVE)
  • 1 PRAZA TROMPA
  • 2 PRAZAS TROMPETA
  • 1 PRAZA BOMBARDINO

FORMACIÓN INSTRUMENTAL ADULTOS ( NADOS  NO 2006 E ANTERIORES)
  • 1 PRAZA TROMPETA
  • 1 PRAZA BOMBARDINO

PROCEDEMENTO PARA SOLICITUDE DE PRAZA:

NO REXISTRO XERAL DO CONCELLO, OU NA SEDE ELECTRÓNICA POR MEDIO DUNHA INSTANCIA XERAL, SOLICITAR MATRÍCULA NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA INDICANDO NOME DO/A ALUMNO/A, DATA DE NACEMENTO DESTE E O INSTRUMENTO QUE QUERE CURSAR.


A CLASE DE INICIACIÓN MUSICAL IMPÁRTESE EN 2 SESIÓNS DE 45 min OS MARTES E VENRES ÁS 17:45h

A FORMACIÓN INSTRUMENTAL INCLÚE CLASE DE INSTRUMENTO                    ( INDIVIDUAL OU COLECTIVA; HORARIO PENDENTE DE ESTABLECER CO PROFESOR/A TITOR/a) MÁIS AS MATERIAS COMPLEMENTARIAS DE LINGUAXE MUSICAL (LUNS 17:00-18:00) E MUSICACTIVA (LUNS 18:00-19:00)

A FORMACIÓN MUSICAL ADULTOS INCLÚE CLASE DE INSTRUMENTO (HORARIO PENDENTE DE ESTABLECER CO PROFESOR/A TITOR/a)  MÁIS UNHA AULA DE TRABALLO GRUPAL (LUNS 20:00-21:00)

MÁIS INFO NA PESTANA "QUÉ PODES APRENDER" DO BLOG DA ESCOLA OU NO TFN 986310558/ EMAIL escolammm@hotmail.com




Do 1 ó 23 de Xuño recolleranse no Concello de Luns a Venres en horario de 09:00h a 14:00h  as solicitudes de praza para cursar estudos musicais.            

Opcionalmente poderanse presentar  por vía telemática

INSTRUCCIONS:
1º Acceder a TABOLEIRO MUNICIPAL (sito na marxe dereita)
2º TABOLEIRO DE ANUNCIOS (abaixo á dereita) CLICAR EN +
3º DESCARGAR "Modelo Instancia a cubrir 23-24", cumplimentalo e gardalo como PDF
4º ENTRAR NA SEDE ELECTRONICA (marxe dereita) e NA INSTANCIA XERAL
5º CLICAR en TRAMITACION ELECTRÓNICA (marxe dereita) Cubrir os datos solicitados e INCLUIR no apartado 3 de "achega de documentos" o PDF cuberto previamente              Nota: no caso de erro na achega do PDF probar con outro navegador web


OFERTA DE ENSINO

Hai 3 bloques de ensino ofertados: (Máis info na pestana "Qué podes aprender" do blog)

  • INICIACION MUSICAL A e B ( 3 a 7 anos de idade, cumprida no ano 2023
  • FORMACION INSTRUMENTAL ( 8 ou máis anos de idade, cumprida no 2023)
  • MATERIAS SOLTAS: ( 8 ou máis anos de idade, cumprida no 2023)
    Aulas para formar parte de unha agrupación da escola. Ver idades mínimas de acceso no texto da resolución exposta máis abaixo.                     S
    erán necesario coñecementos previos nalgún instrumento con formación na nosa escola ou outra escola ou academia (excepto para MusicaActiva): MUSICACTIVA (sen experiencia) , CORO (1 ano) , BANDA INFANTIL (1 ano ), BANDA XUVENIL ( 3 anos ), BIGBAND (5 anos), COMBO (5 anos) e COCO (5 anos)
 
Os alumnos nados nos anos 2020, 2019, 2018, 2017 e 2016 poderán solicitar praza para estudar Iniciación Musical e deberán indicar moi claramente, ademais dos datos persoais e de contacto, a data de nacemento. 

Os alumnos nados no 2015 ou anos anteriores poderán solicitar praza para Formación instrumental e deberán indicar moi claramente, ademais dos datos persoais e de contacto, a data de nacemento. Os instrumentos dispoñibles e as prazas ofertadas saberanse o día 26 de Xuño. 

Dada a limitación de prazas, os interesados empadroados no Concello de Moaña teñen prioridade sobre os demáis tal e como recolle o Regulamento do Servizo no seu artigo 46.

Unha vez remata o procedemento de matrícula interna publicaranse as vacantes ofertadas para Novo Ingreso, o día 26 de Xuño.


SORTEO DAS PRAZAS:

O Sorteo  realizarase o día 28 de Xuño. 
Para as e os solicitantes a INICIACION MUSICAL NON SERÁ NECESARIA A PRESENZA.

Para as e os solicitantes  de FORMACION INSTRUMENTAL SÍ SERÁ NECESARIA A PRESENZA DUN REPRESENTANTE, que escollerá o instrumento. Recoméndase ter unha idea das preferencias entre os posibles instrumentos ofertados para fecer unha escolla consciente.

Unha vez efectuado o sorteo, abrirase un prazo de 2 días hábiles para a presentación de reclamacións e/ou para renuncias da praza adxudicada que serán presentadas no rexistro do Concello.

 
CALENDARIO DO PROCEDEMENTO:
 



  
 
HORARIOS PROVISIONAIS:



 
RESOLUCION QUE RECOLLE INTEGRO A CONVOCATORIA DE SOLICITUDE DE PRAZA: 














RESOLUCION QUE RECOLLE A PUBLICACION DAS PRAZAS OFERTADAS PARA NOVOS INGRESOS NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA para o Curso 2023-24 e O PROCEDEMENTO DO SEU SORTEO:  
 



























RESULTADO DEFINITIVO DO SORTEO EFECTUADO O 28 DE XUÑO QUE ADXUDICA AS PRAZAS DE NOVO INGRESO EN INICIACION MUSICAL (alumnado de 4 a 7 anos) e FORMACION INSTRUMENTAL (alumnado de 8 ou máis anos)  para o CURSO 2023-24 : 
 















RESULTADO DA BAREMACIÓN DAS SOLICITUDES DE DESCONTO TIPO B, C OU D NA MATRÍCULA DE NOVO INGRESO PARA O CURSO 23-24 NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA: PENDENTE