A Escola Municipal de Música de Moaña ten o pracer de presentarlles o curso de formación certificada impartido polo Instituto IGEME:
"PROFESOR/a EN EDUCACION MUSICAL TEMPERÁ - XOGANDO COA MÚSICA: BEBÉS”
Nenos de 0 a 3 anos
CONTIDO
Curso teórico-práctico de 56 horas de duración dirixido a todas a persoas interesadas no ensino da música na primeira infancia.
A través deste programa formativo os participantes adquirirán as ferramentas necesarias para desenvolver un programa de educación musical temperá en calquera ámbito educativo: escolas de música que queiran empezar con esta etapa, recursos de aula en infantil e gardería, musicoterapeutas ou persoas interesadas en desenvolver o seu propio programa en centros cívicos ou salas de cultura de Concellos ou privados.
Edwin Gordon desenvolveu a metodoloxía
máis destacada mundialmente nesta área educativa musical. Se un pioneiro no teu
ámbito conseguindo unha cualificación profesional de alto nivel.
Tratarase:
-Musicalidade: exploración do movemento e dos modos e
métricas musicais.
-Repertorio: adecuado a esta idade segundo os
principios de E. Gordon. Traballo con patróns rítmicos e tonales.
-Creación e desenvolvemento de actividades segundo as
diferentes etapas.
-Creatividade: os participantes aprenderán a crear as
súas propias cancións e ritmados.
-Teoría da aprendizaxe musical de E. Gordon.
Coñecemento das ferramentas teóricas que sosteñen as prácticas desenvolvidas.
-Todos os participantes terán ocasión de ver e
participar activamente en clases con nenos de 0 a 3 anos, como maneira de facer
prácticas observadas.
DURACION
56 horas
DESTINATARIOS
MODALIDADE CERTIFICACIÓN
Profesionais da educación musical en xeral e
musicoterapeutas.
MODALIDADE FORMACIÓN
Profesores de colexios educación infantil, coidadoras
de garderías.
CERTIFICACION
Na modalidade CERTIFICACIÓN, IGEME entregará un
certificado aos participantes que lles acredita como profesores de educación
musical temperá e por tanto capacitados para exercitar a actividade de ensino
musical nesa etapa.
Para recibir esta certificación hai que asistir ao
total de horas programadas e realizar os traballos que se indican ao comezo do
curso.
Na modalidade FORMACIÓN, IGEME entrega un certificado
xustificativo de recibir a formación polo número de horas correspondente.
Para recibir este certificado hai que asistir ao total
de horas programadas e realizar os traballos que se indican ao comezo do curso.
DATAS E HORARIO
Sesión 1: sábado 28/10/17 - domingo 29/10/17 Alba Pujol
Sesión 2: sábado 02/12/17 - domingo 03/12/17 Vitoria Carbó
Sesión 3: sábado 03/02/18 - domingo 04/02/18 Vitoria Carbó
Sesión 4: sábado 10/03/18 - domingo 11/03/18 Alba Pujol
Sábados de 10 a 20h e Domingos de 9 a 14:30h
LUGAR
Escola Municipal de Música de Moaña
r./cruceiro 88- San Martiño - Moaña 36954 - PONTEVEDRA
PROFESORAS
Vitoria Carbó
Profesora certificado polo Instituto Gordon de Educación Musical en EEUU
Profesora formadora de IGEME
Alba Pujol
Profesora certificada no Instituto Gordon de Educación Musical de EEUU
Profesora formadora de IGEME
INSCRICIONS E INFO CONTIDOS
https://igeme.es/curso/curso-2017-18/
644415452
915 535 502 (Natalia Fisac)
915 535 502 (Natalia Fisac)
PREZO
Hai 2 sistemas de pago:
600+90(cota de socio por un ano). Reserva de praza 190? por transferencia, Paypal ou cartón de crédito. Abono en efectivo do resto o primeiro día da formación.
700+90(cota de socio por un ano). Abonar por transferencia, Paypal ou
cartón de crédito, en 5 prazos 190+150+150+150+150. A primeira cota ao facer a
reserva e as outras 4 cotas en meses consecutivos desde outubro ata xaneiro. O
importe total ten que estar liquidado antes do final da formación.
+ INFO
ENLACE IGEME: https://igeme.es/
ANTERIORES CURSOS:
"A CLASE DE MUSICA DE 0 a 6 ANOS" FOTOS do Curso
"A CLASE DE MUSICA DE 0 a 6 ANOS"OS
VINDEIROS 4 e 5 de FEBREIRO de 2017 ORGANIZAMOS O CURSO " LA CLASE DE
MUSICA DE 0 a 6 ANOS" impartido por Marisa Pérez Directora do Instituto
IGEME de Madrid
Dirixido
a profesor@s de educación infantíl, profesor@s de escolas de música e
musicoterapeutas ten unha duración de 10h e tratará a musicalidade,
repertorio axeitado, actividades propias da idade e fundamentos teóricos
da Musica learning theory de Edwing Gordon.
HORARIO
SABADO 4 Febreiro 10h-14h / 16h-18h
DOMINGO 5 Febreiro 10h-14h
LUGAR
Escola Municipal de Música de Moaña
r./cruceiro 88- San Martiño - Moaña 36954 - PONTEVEDRA
INSCRICIONS
info@igeme.es
644 415 452 (Charo Sánchez)
PREZO
100€
Marisa Pérez
Pianista titulada superior no Conservatorio Superior de Madrid. Tamén é titulada en Pedagoxía Instrumental pola Hochschule Für Musik de Viena. Desenvolve durante anos unha intensa tarefa pedagóxica como profesora de piano na Escola de Música de Getafe, como fundadora e directora da Escola de Música de Collado Mediano, como profesora titular de didáctica do instrumento da Escola Superior de Música de Cataluña, así como impartindo cursos de formación para profesores de instrumento en distintos lugares de España. Tamén publicou artigos sobre diversos temas de pedagoxía e realizado relatorios e conferencias.
É profesora certificada en educación musical na primeira infancia polo Gordon Institute for Music Education na universidade Baldwin de Berea (Ohio) e a Universidade Columbia de Carolina do Sur, ademais certificada polo mesmo Instituto en Educación Musical Xeneral e piano segundo a MLT de Edwin Gordon na Universidade de Buffalo.
Nos últimos dous anos dedícase ao desenvolvemento do seu propio programa de educación musical centrado en promover proxectos innovadores baseados na aprendizaxe creativa e auditivo da música, chamado Música con Corazón (www.musicaconcorazon.com) dentro do cal se atopa a 1ª escola de Música en España baseada na MLT de Edwin Gordon, Escola de Música con Corazón, e o proxecto Musica for People España, de improvisación libre. É directora e fundadora do Instituto Gordon de Educación Musical España (www.igeme.es). Autora do libro "Jugando con la Música Bebés", primeiro libro dedicado ao ensino musical temperán en lingua española baseado na Music Learning Theory de Edwin Gordon. Desenvolve un intenso labor formativo en España e Latinoamérica.

No hay comentarios:
Publicar un comentario