venres, 22 de maio de 2015

CONCERTOS DIDACTICOS 2015



A Escola Municipal de Música presenta:


"A Cebra Camila" . Un conto musicalizado e adaptado aos escolares de Educación Infantil e Primaria. 



O 3 e 4 de Xuño, máis de 1000 escolares do Municipio pasarán polo Auditorio do Centro Sociocultural Daniel Castelao para asistir a unha das 7 sesións que os profesores do Centro ofrecerán desta montaxe.

Poderán ademais participar activamente do conto tentando recoñecer aos protagonistas segundo o seu
son.

Un concerto didáctico que, como todos os anos, o Centro ofrece aos nenos e nenas para brindarlle a oportunidade de escoitar en directo os instrumentos que nel se imparten e no que atoparán unha morea de estímulos para a súa curiosidade musical.

mércores, 13 de maio de 2015

CONCERTO DIA DAS LETRAS GALEGAS


O 15 de Maio ás 19:00h  na Carballeira da Reitoral celebraremos o:

    “Festival das Letras Galegas  2015”.  

Adicado ao Historiador e escritor Pontevedrés Xosé Fernando Filgueira Valverde, actuarán a Banda Xuvenil e a Banda de Gaitas da Escola de Música Tradicional . 

Ó rematar  merendaremos todos xuntos podedes colaborar traendo algún aperitivo salgado ou doce. 

No caso de choiva trasladarase ao 1º 

andar da praza de abastos.

As clases anularanse  ese día  a partires 

das 18h.  (Os Obradoiros de guitarra, pequedance, 

hiphop e dzamx mantéñense)