luns, 31 de marzo de 2014

CONCERTO BENÉFICO - Venres 4 Abril


O VENRES 4 de ABRIL ás 19:00h no IES  AS BARXAS concerto Benéfico a cargo das AGRUPACIONS da ESCOLA

ENTRADA: 1 Kg de COMIDA (non perecedera)   

NON FALTEDES...!

A ESCOLA DE MUSICA ESTIVO EN VIANA...!


Os alumnos e alumnas da EMMM conquistan Viana...! 3 días de Convivencia na Vila Portuguesa, con ensaios, excursións , xogos e moita, moita  actividade e ledicia  (e pouco durmir...!) remataron onte cun  Concerto que abarrotou, contra pronóstico polo mal tempo, o salón de Actos da Pousada da Xuventude da cidade.

A Escola leva moito tempo apostando polas actividades de encontro, organizando Intercambios, concentracións, concertos en outras escolas e auditorios e as novas promocións de alumnos seguen a engancharse deste tipo de aprendizaxe que se sae do estrictamente musical. É nestas xuntanzas cando mellor se aprenden os valores de compromiso co grupo, puntualidade, organización e respecto polo feito musical alen onde vaian e así poder afrontarse a situacións futuras como músico, profesional ou non.

A totalidade dos pais e moitos familiares e amigos achegáronse ás 13h para escoitar á Banda Infantil e á Banda Xuvenil que interpretaron repertorio traballado na concentración. Alumn@s e profes xa están, a pesares do esgotamento, pensando cal vai ser o próximo destino deste maravilloso grupo de rapac@s...!





sábado, 29 de marzo de 2014

ULTIMA HORA...! O CONCERTO EN VIANA DO CASTELO ADIÀNTASE AS 13H. Serà segundo o previsto na Pousada da xuventude na rua Limia.
A hora de chegada a Moaña-Reibon està prevista as 18:30h 

CONCENTRACION EN VIANA DO CASTELO

A ESCOLA DE MUSICA ESTA EN VIANA...!
68 alumnos e alumnas da escola estan de concentración musical na vila portuguesa. Realizan ensaios, actividades e excursión para preparar repertorio e facer  convivencia. O domimgo 30 as 17: 30h celebraremos un concerto na propia Pousada da Xuventude, na rúa Limia, pendentes da  climatoloxía...

venres, 14 de marzo de 2014



O vindeiro Luns 17 poñemos en marcha as Audicións de alumnas e alumnos do 2º trimestre. Actuarán un total de 175 nenos e maiores de todas as especialidades, con entrada de balde.
Non as perdades...!