venres, 28 de novembro de 2014

AUDICIÓNS 1º TRIMESTRE



AQUI ESTÁ A PROGRAMACIÓN DOS EVENTOS DO FIN DE 1º TRIMESTRE, NON AS PERDADES...!

xoves, 13 de novembro de 2014

FESTIVAL STA CECILIA 2014



FESTIVAL DIA DE STA CECILIA. O VINDEIRO XOVES 20 de NOVEMBRO a partires das 17h. Remataremos co irrexeitable "Concurso de doces 2014" nas dúas categorias:  "A Galletas" /  "B biscoitos"

NON FALTEDES!

luns, 10 de novembro de 2014

DIAS NON LECTIVOS



Recordámosvos que o Luns 10 e Martes 11 de Novembro son días non lectivos recollidos no Calendario Escolar.

O Mércores 12 celebraremos a Festa do Magosto na EMMM 2014. A partires das 17:30h  Xogos e Actividades, concursos, Música e castañas asadas. Participade traendo un puñadiño para asar no momento. NON FALTEDES...!

mércores, 5 de novembro de 2014

luns, 3 de novembro de 2014


O vindeiro Mércores 12 de Novembro,                                         coincidindo co último día de festas, 

a Escola celebra o magosto de San                                                Martiño. Temos música, actividades 

e concursos con premios a partires das                                   17:30h e despois merendaremos unhas    castañas asadas. Colaborade traendo unha poucas (+- 400gr). 

As clases anúlanse para ese día.


2 clases gratis...! os venres de 16h a 17h para que comprobes si che gustaría formar parte deste peculiar coroshow.

Si queres saber en que consiste a actividade podes pinchar  -SUMMUS LAC- na pestana superior "ENLACES" . Summus Lac é un Coroshow de Vigo de caractrísticas similares ás de Cholas P. conducido polos mesmos profesores Miriam Rodriguez e Chucho Uribe.

ANIMATE E VEN...!

martes, 28 de outubro de 2014

VENRES 31 OUTUBRO NON HAI CLASE

31 DE OUTUBRO....    DIA DO SAMAÍN...!


é día  non lectivo,  establecido pola Xunta  para os centros de ensino da Comunidade Autónoma.
(o Sábado 1 Nov tampouco hai clase...)




luns, 13 de outubro de 2014

AÍNDA QUEDAN PRAZAS en....


AÍNDA QUEDAN PRAZAS en  CHOLAS PAPER, PEQUEDANCE e GRUPOP...! no perdas a oportunidade de cursar un obradorio musical na EMMM...!

mércores, 24 de setembro de 2014

OBRADOIROS MUSICAIS 2014-15


XA ESTÁN AQUI OS OBRADOIROS MUSICAIS 2014-15...!



...!Máis info na pestana superior de "Obradoiros"

mércores, 17 de setembro de 2014

SORTEO DE PRAZAS

RESULTADO DO SORTEO DAS PRAZAS DE NOVO

INGRESO



Diríxete a pestana superior "NOVO INGRESO 14-15"


 e preme nas imaxes do texto para consultar o 


resultado.






DOCUMENTACION:

Si obtivo praza deberá presentar no Centro en horario


de 17:30h a 20:30h no prazo de 2 días hábiles 



DNI  orixinal ( ou Libro de Familia) do 



interesado,  o Volante de empadroamento.

luns, 23 de xuño de 2014

ABERTO PRAZO INSCRIPCIÓN


XA ESTA ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA DE NOVO INGRESO NA EMMM.

do 24 de Xuño ó 12 de Setembro recolleranse no Concello de 08:30h a 13:30h de Luns a Venres as solicitudes de praza para cursar estudos musicais.  O sorteo realizarase o 17 de Setembro ás 20h na Escola de Música. Os empadroados en Moaña terán preferencia.


Xa se coñecen as prazas ofertadas que serán:

20 prazas para Iniciación Musical (alumnos nados entre o 2011 e 2007)
7 prazas para Formación Instrumental (alumnos nados entre 2006 e 1998)
6 prazas para Formación Instrumental adultos ( alumnos nados no 1997 ou anteriores)
6 prazas para CURSO anual de MUSICA ACTIVA (alumnos nados entre o 2006 e 2004)
14 prazas para CURSOS anuais en CORO, COMBO, BANDA para alumnos con experiencia nun instrumento (nados no 2003 e anteriores)

MAIS INFO sobre horarios, prezos e prazas pormenorizadas NA PESTANA superior  "NOVO INGRESO"

mércores, 18 de xuño de 2014

FESTIVAL XV ANIVERSARIO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA


FESTIVAL  XV ANIVERSARIO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE MOAÑA

O vindeiro Venres 20 de Xuño na CASA DA MÚSICA de San Martiño e a súa Carballeira a Escola de Música entra en escena con todo o seu arsenal musical. Este ano celébrase o XV Aniversario da Escola como institución dende que, no ano 1999 dotárase  dunha sede permanente e  dun proxecto educativo.  Son 15 anos de intenso traballo en beneficio da educación musical e cultural no Concello que obtén xa nos primeiros anos un resultado visible e que basea a súa actividade na formación práctica. A escola leva celebradas nestes 15 cursos un total de 

218 Audicións de alumnos/as
52 Festivais e concertos
6 Encontros con outras escolas
3 Concentracións Musicais de fin de semana
9 Concertos didácticos masivos a escolares
44 Cursos e obradoiros

nas que a totalidade do alumnado participa activamente
Este Festival non é menos e actuarán ó longo das 4h de duración uns 220 nen@s, moz@s  e adult@s dos diferentes grupos da Escola e dos Obradoiros Musicais.  O programa queda como segue:


luns, 2 de xuño de 2014



XA están en marcha as AUDICIÓNS DO 3º TRIMESTRE da ESCOLA MUNICIPAL. As alumnas e alumnos do centro protagonizan os recitais de final de curso nunhas semanas repletas de eventos.

Destaca a audición do Xoves ás 20h de alumnos de 8º Curso que rematan a súa formación musical na Escola e que ofrecerán, entre outras, varias pezas preparadas por eles mesmos. 

O LUNS 16 de Xuño os máis cativos da Escola actuarán no CSC. D. Castelao no FESTIVAL de INICIACION que clausura a súa programación anual.

A entrada ós diferentes concertos é de balde ate completar aforo. Non as perdades...!

xoves, 22 de maio de 2014

CONTO MUSICAL PARA NENOS E NENAS


OS VINDEIROS 28 e 29 de MAIO a ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA sae cos Instrumentos e cunha Historia Musical sobre o mundo das Emocións.  A través da música os Escolares de todos os Centros do Municipio explorarán as emocións e sensacións que a diario viven sen, moitas das veces,percatarse.  Enfado, cansazo, nerviosismo, alegría, amor e algúns outros, son  sentimentos que poden asociarse ó "carácter" musical. Por medio desta historia os nenos e nenas aprenderán a descubrir, diferenciar e valorar mellor as súas emocións e a asocialas á arte da música, atopar contidos "escondidos" nas melodías e a darlle máis sentido á escoita musical.

Serán 1050 nenos e nenas de 4 a 10 anos de idade que acudirán ás 7 sesións programadas e organizadas polos profesores e alumnos da EMMM, e que ven a supoñer un dos puntos fortes da programación anual do Centro.
A asistencia é limitada e está previamente concertada cos Colexios. 

luns, 12 de maio de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Tarde máxica de música e poesía na Carballeira de San Martiño.  Os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música  e da Escola Municipal de Música Tradicional deleitaron ós presentes cunha selección de repertorio pensado para a ocasión.  Despois de escoitar a todos os músicos xuntos pasamos a deleitarnos con unha merenda de despedida organizada polas nais, pais e os propios rapaces e rapazas. Que sexa por moitos anos...



O VINDEIRO VENRES 16 de MAIO a ESCOLA DE MUSICA TRADICIONAL e A NOSA ESCOLA  celebran o  DIA DAS LETRAS GALEGAS, adicado a Xosé María Díaz Castro cun Concerto "Romeiría" na Carballeira da Reitoral de S. MARTIÑO, actual sede da Escola MUNICIPAL DE MUSICA.

SERÁ ÁS 19h cando comece a música para pasar logo á merenda xa habitual entre as dúas escolas. Podedes colaborar achegando algo para picar. NON FALTEDES...!


luns, 7 de abril de 2014

ABERTO PRAZO PAGO 3º TRIMESTRE




ABERTO PRAZO PARA O PAGO DO 3° TRIMESTRE: 

do 1 ó 16 de Abril pago no Concello ou no BBVA. 

nº de Conta  ES78 0182 6246 30 0201500396

Imprescindible achegar xustificante do pago à escola.

En caso de dúbida consultar cotas na pestana superior: 

"MATRICULA"

370Kg de SOLIDARIEDADE



Os nenos son solidarios por natureza, os músicos tamén. 

OS NEN@S MÚSICOS SON DOBLEMENTE SOLIDARIOS...! 

370KG de solidariedade, 370 grazas!! e outro reto 

conseguido...bravo rapac@s!

luns, 31 de marzo de 2014

CONCERTO BENÉFICO - Venres 4 Abril


O VENRES 4 de ABRIL ás 19:00h no IES  AS BARXAS concerto Benéfico a cargo das AGRUPACIONS da ESCOLA

ENTRADA: 1 Kg de COMIDA (non perecedera)   

NON FALTEDES...!

A ESCOLA DE MUSICA ESTIVO EN VIANA...!


Os alumnos e alumnas da EMMM conquistan Viana...! 3 días de Convivencia na Vila Portuguesa, con ensaios, excursións , xogos e moita, moita  actividade e ledicia  (e pouco durmir...!) remataron onte cun  Concerto que abarrotou, contra pronóstico polo mal tempo, o salón de Actos da Pousada da Xuventude da cidade.

A Escola leva moito tempo apostando polas actividades de encontro, organizando Intercambios, concentracións, concertos en outras escolas e auditorios e as novas promocións de alumnos seguen a engancharse deste tipo de aprendizaxe que se sae do estrictamente musical. É nestas xuntanzas cando mellor se aprenden os valores de compromiso co grupo, puntualidade, organización e respecto polo feito musical alen onde vaian e así poder afrontarse a situacións futuras como músico, profesional ou non.

A totalidade dos pais e moitos familiares e amigos achegáronse ás 13h para escoitar á Banda Infantil e á Banda Xuvenil que interpretaron repertorio traballado na concentración. Alumn@s e profes xa están, a pesares do esgotamento, pensando cal vai ser o próximo destino deste maravilloso grupo de rapac@s...!





sábado, 29 de marzo de 2014

ULTIMA HORA...! O CONCERTO EN VIANA DO CASTELO ADIÀNTASE AS 13H. Serà segundo o previsto na Pousada da xuventude na rua Limia.
A hora de chegada a Moaña-Reibon està prevista as 18:30h 

CONCENTRACION EN VIANA DO CASTELO

A ESCOLA DE MUSICA ESTA EN VIANA...!
68 alumnos e alumnas da escola estan de concentración musical na vila portuguesa. Realizan ensaios, actividades e excursión para preparar repertorio e facer  convivencia. O domimgo 30 as 17: 30h celebraremos un concerto na propia Pousada da Xuventude, na rúa Limia, pendentes da  climatoloxía...

venres, 14 de marzo de 2014



O vindeiro Luns 17 poñemos en marcha as Audicións de alumnas e alumnos do 2º trimestre. Actuarán un total de 175 nenos e maiores de todas as especialidades, con entrada de balde.
Non as perdades...!

luns, 17 de febreiro de 2014




O VINDEIRO 6 de MARZO a Escola celebra o seu Festival de Entroido 2014.

Ás 17:30 comezaremos coa proxección da peli "MADAGASCAR 3- de marcha por Europa" con palomitas incluidas.

As 19:00 Festa-baile e concurso de disfraces relacionados coa peli. Podes vir de animal, de personaxe do circo ou de algo relacionado con lugares europeos(Montecarlo, os Alpes, Roma e Londres)

As 19:30 rematamos coa actuación das comparsas ANIMODO e FOCHE A BODEJA que nos farán algunhas das cancións máis marchosas do Entroido de Moaña

Traede algún doce típico das festas de Entroido como Filloas ou orellas e merendaremos xuntos escoitando as comparsas ...!



venres, 17 de xaneiro de 2014

CONCERTO EXTRAORDINARIO IX






O VINDEIRO 20 de FEBREIRO ás 19:30h celebramos                o "Concerto Extraordinario IX". Unha plataforma de expresión artística para todo aquel e aquela con inquedanzas expresivas e interpretativas que queira subirse ao escenario e desenvolvelas para os semellantes. 

Toca un instrumento, toca un instrumento con un amig@, toca o teu segundo instrumento, canta unha canción, recita un poema, interpreta un fragmento dunha peli cun amig@, conta un conto, conta un chiste... etc...etc...   etc...     etc...

Anótate na escola para participar, tal vez sexa a oportunidade que estabas esperando, tal vez haxa un promotor artístico agardando a ofrecerte un contrato discográfico...  multimillonario...

xoves, 9 de xaneiro de 2014

PAGO DA COTA DO 2º TRIMESTRE



XA está aberto o prazo para efectuar o pago da Cota do 2º TRIMESTRE.

Do 8 ao 21 de Xaneiro no Concello ou no BBVA.

Máis info na pestana: "MATRICULA"