xoves, 26 de setembro de 2013


XA ESTÁN EN MARCHA OS OBRADOIROS MUSICAIS 2013-14...!
(máis info na pestana superior)

mércores, 18 de setembro de 2013

SORTEO PRAZAS DE NOVO INGRESO. RESULTADO



XA SE COÑECE O RESULTADO DO SORTEO EFECTUADO O MERCORES 18 ÁS 20h das PRAZAS DE NOVO INGRESO NA ESCOLA DE MÚSICA.

MÁIS INFO NA PESTANA SUPERIOR DE "NOVO INGRESO"

martes, 10 de setembro de 2013

COMEZA O CURSO 2013 14...!!!



Benvidos ao novo curso 2013 14...!  o vindeiro Luns 16 comezamos un ano máis as aulas de música  co propósito de adquirir novas habilidades e facer novos amigos...! Sorte e animo!

PD: Recordade vir a escoller horario da clase individual o Xoves 12 a partires das 17:00h






CANTO XOGO o Venres 13 na praza de Abastos



O servizo de Normalización Linguística e o propio Concello organizan un ciclo de actuacións dirixidas aos máis cativos nas que poderán participar activamente cos músicos, no que é unha experiencia especial e pouco común.

Achégate á praza de Abastos o Venres 13 ás 18:00 ao primeiro destes concertos. O pasarás en grande...!

luns, 2 de setembro de 2013

ABERTO PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NA ESCOLA

CONTINUA ABERTO ate o 13 de SETEMBRO O PRAZO para solicitar praza na escola de música. 
O procedemento para anotarse está exposto na pestana superior de "Novo Ingreso"
As prazas ofertadas quedan como segue:


11 PRAZAS DE INICIACIÓN MUSICAL (ALUMNOS DE 4 A 7 ANOS   nados entre o 2009 e o 2006):
            CADRO DE IDADES, PRAZAS E HORARIO DA CLASE
           
NADO NO ANO
Nº PRAZAS
HORARIO AULA SEMANAL
2009
4
Luns e Xoves:17:30-18:15h. (45min x2/sem)

2008
3
Luns e Xoves:17:30-18:15h. (45min x2/sem)

2007
3
Luns e Xoves:18:15-19:00h. (45min x2/sem)

2006
1

Martes: 18:00-18:45h
Venres: 17:15-18:00h. (45min x2/semana)

 1  PRAZA  EN FORMACIÓN INSTRUMENTAL NA ESPECIALIDADE DE FRAUTA TRAVESA (NADOS no ano 2005  a 1997) segundo os horarios a seguinte distribución :

NADO NO ANO
Nº PRAZAS
HORARIO AULA SEMANAL
INDIVIDUAL
LING MUSICAL
2005 a 1997
1
Pendente ocos libres
Martes 17:00-18:00