venres, 25 de maio de 2012

CONCERTO ALUMNOS DE COCO

Os Alumnos Xandre e Uxía protagonizan o vindeiro martes 29 ás 20:30h un concerto no que interpretarán as obras que presentan para a proba de acceso ó Conservatorio.

No volo perdades ! !

xoves, 24 de maio de 2012

SOLICITUDE PRAZA NA ESCOLA. CURSO 2012-13



XA está aberto o prazo para solicitar praza na Escola. Dende o 14 de Maio ó 14 de Setembro poderanse achegar á Escola (17:30-20:00h) ou ó Concello (08:30-13:30h) para presentar a instancia. Unha vez rematado o prazo efectuarase un sorteo público o 19 de Setembro ás 20h na Escola para adxudicar as prazas.
Os horarios do vindeiro curso saberanse a finais de Xuño e as prazas dispoñibles finais a principios de Setembro.


Os nenos/as nados no 2008, 2007, 2006 e 2005 deberán poñer a Data de Nacemento ó cubrir a instancia.


Os nenos/as e adultos/as nados no 2004 ou anteriores deberán poñer a Data de Nacemento e facer constar ate 4 instrumentos para optar no sorteo entre os que se imparten na escola: Frauta Travesa, Clarinete, Saxofón, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba ou Piano. 

luns, 7 de maio de 2012

CONCERTO DE PRIMAVERA




… OU CONCERTO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O MERCORES 16 de MAio a Escola organiza este concerto adicado a  Valentín Paz Andrade  (1898-1987), poeta e                
ensaísta de Pontevedra. Será a partires das 19h na carballeira da Reitoral (se chove trasladarase ao D. Castelao)

ACTÚAN a Banda Xuveníl da Escola de Música e un grupo invitado: A Banda de Gaitas da Escola de Música Tradicional dirixido por Xabier Blanco
Ó REMATE:   Merenda organizada polas nais e pais.   

Agardamos esteades todos connosco... !                  

II ENCONTRO DE COROS



O pasado 27 de Abril o CORO da Escola participou no Encontro de COROS de Escolas de Música cos rapaces e maiores de Vigo e Vilagarcía. 
Este é o 2º Encontro que se fai entre estas escolas amigas e non será o último. Os cantores estiveron gozando das actividades cos profesores organizadores e do concerto que ofreceron ó público asistente. Escoitáronse temas tracicionais, de pop como "Chiribiribín" ou a BSO do Rei León e unha fantástica selección de pezas traídas de diversos lugares como Macedonia, Bali, o Caribe ou África.

SOACHE ESTA HISTORIA...?
































A Escola Municipal de Música vai ofrecer aos nenos e nenas do Municipio un Concerto Didáctico preparado especialmente para eles. Este ano o conto vai sobre a historia da Humanidade  a través de 8 recreacións de momentos importantes do devir do home. Asistirán uns 1200 alumnos de Educación Infantil e Primaria dos 10 Centros educativos do Concello no que coñecerán un pouco máis sobre os instrumentos que se imparten na escola e, sobre todo, os poderán ver en acción moi de cerca. 


Serán o 24 e 25 de Maio nun total de 7  sesións en horario escolar.