luns, 26 de setembro de 2011


O vindeiro mércores 28 de Setembro ás 16h ábrese o prazo para inscribirse na nova edición dos Obradoiros que a Escola organiza en colaboración coa BMP "Airiños do Morrazo"

Revisa contidos, horarios, prezos e idades na pestana superior de OBRADOIROS.

Nos poremos en marcha o 10 de Outubro!!

mércores, 21 de setembro de 2011

NOVO CURSO 2011-12

Damos a Benvida ó curso 2011-12 coas enerxías cargadas e cheos de gañas de continuar facendo música aló donde nos pareza. Recordade, para un bo funcionamento , estes aspectos que a continuación reseñamos:

1. Material necesario: Lápiz e goma / Libro de Instrumento …………………………………../ Instrumento Novo Libro de Linguaxe Musical feito pola Escola (+-4€, collelo en Kopiak) / Libro Teoría Ibañez Cursá nº ……… / Libreta d@ alumn@ (mercala en conserxería, 3€)/ carpeta de fundas de plástico (negra)/ As partituras do Banda Infantil, Xuveníl e Coro do pasado curso/

1b. Material necesario Iniciación(co nome do neno): Lápiz e goma / Carpeta de gomas/ Frauta de pico ( para Iniciación 6 e 7)

Libro: Suena Suena 3 Huidobro/Velilla - Ed. Real Musical (só Iniciación 7)


2. Consultade o taboleiro habitualmente. Existe info sobre normas, novas e eventos organizados ó longo do curso.


3. Este ano temos novas materias: Cámara (5º -8º curso) e COMBO (6º-8º curso). Animádevos! Revisade horarios e novidades sobre os obradoiros. A inscrición comeza o 28 de Setembro!

4. Efectualo ingreso da cota do 1º Trimestre. Calendario de pago: (hai unha pequena modificación nas datas)

Os que entraron en Setembro pagarán o 1º Trimestre en outro prazo

PERIODO ESCOLAR

1º TRIMESTRE

2º TRIMESTRE

3º TRIMESTRE

Prazo para pagar e entregar

o xustif:

26 de Set ó 4 de Out

9 ó 17 de Xan

9 ó 17 de Abril