luns, 30 de maio de 2011

FESTIVAL DE OBRADOIROS MUSICAIS


FESTIVAL DE OBRADOIROS MUSICAIS

O VINDEIRO 10 de Xuño A Escola celebra o Festival de Obradoiros Musicais, organizado en colaboración coa Banda de Música "Airiños do Morrazo".

Haberá actuacións dos grupos de Hip Hop, as Aulas de Batería e os 2 Grupos Pop que protagonizarán
un Festival moderno e novidoso.

AUDICIÓNS DO 3º TRIMESTRE NA ESCOLA



AUDICIÓNS DO 3º TRIMESTRE NA ESCOLA


SALA DE AUDICIÓNS DA ESCOLA

Xuño 2011


LUNS 6 TROMBN/TUBA 20:00

MARTES 7 FRAUTA 20:00

MÉRCS 8 PIANO 17:30

XOVES 9 CLARINETE 18:00

VENRES 10 FESTIVAL OBRADOIROS

LUNS 13 ADULTOS 21:00

MARTES 14 SAXOFON 20:00

MERCS 15 TPTA/TPA 17:30

MERCS 15 ALUMNOS 8º 20:30

XOVES 16 FESTIVAL INICIACIÓN

VENRES 17 FESTIVAL LATINO

Fest. Obradoiros ás 19:30

Fest. Iniciación ás 19:00

Fest. Latino Fin de Curso ás 19:30

Os 3 no Auditorio D. Castelao

venres, 27 de maio de 2011

ENCONTRO DE COROS de VIGO, VILAGARCIA E MOAÑA



O XOVES 26 de MAIO, DISFRUTAMOS DUNHA XUNTANZA entre rapaces, rapazas e maiores de tres escolas da provincia para fecer unha actividade cos coros das distintas escolas de música.
É a primeira vez que organizamos un encontro exclusivamente coral e, visto o resultado, non será o último. Os mozos e mozas estiveron tremendamente participativos e protagonizaron un Concerto maravilloso con voces de todas as cores.
Máis info, visitade ó enlace á noticia do Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2011/05/27/voces-jovenes/548653.html


martes, 24 de maio de 2011

CONCERTO ALUMNOS DE COCO




OS ALUMNOS NOELIA PAREDES (Frauta travesa) ALEJANDRO IGLESIAS (Trombón) e EVA TRIGO (Piano) protagonizan un concerto no que interpretan obras preparadas para a proba de acceso ó Conservatorio. Martes 24 ás 20:00h na Sala de Audicións da Escola

xoves, 5 de maio de 2011

CONCERTO de PRIMAVERA



CONCERTO DE PRIMAVERA ou do día das Letras Galegas.

O vindeiro Luns 16 de MAio estreamos o noso escenario natural ó aire libre. A carballeira que está detrás da Escola de Música servirá de espazo para celebrar este concerto no que haberá músicas de todo tipo, dende pezas barrocas a grupos de folkore galego. Convidámosvos, pois, a asistir a esta pequena romaría a cargo dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música. Luns 16 ás 19:30h (nota: se chove se traslada ao luns 23)

luns, 2 de maio de 2011

UN DIA POR MONDARIZ...




O PASADO SÁBADO 30 de ABRIL a escola de música viaxou cara Mondariz para pasar un divertido día cos compañeiros da Escola de alí e facer amistades moi musicais.


Foi un día completo con ensaios, xogos, partidos, paseos, nervos... e un gran concerto variado no que os músicos deron a talla despois dun longo día...!

Máis fotos na pestana FOTOS.