luns, 12 de xullo de 2010

CANCIONS DO MUNDIAL DE FUTBOL

NORABOA Á SELECCION DE FUTBOL!!!!!
Eiquí tes algunha das cancións que acompañaron ó mundial para tocar co teu instrumento donde che apeteza. Pincha na imaxe pequena e farase meirande. As inferiores son un pouco máis agudas, pensadas para saxos ou frautas. A PRACTICAR!!!

sábado, 10 de xullo de 2010

CONCERTO BANDA XUVENIL DA ESCOLA


O pasado Sábado 26 de Xuño, coincidindo coa Feria de mostras "Alternalia 2010" a Banda Xuveníl da Escola protagonizou un concerto no que interpretou o repertorio traballado durante o curso na Escola.

Foi unha hora de música variada que abarcou estilos diferentes coma o pop, versións de temas clásicos, pasodobles ou melodías tradicionais.

Este Concerto supuxo un verdadeiro reto ó ser a primeira vez que a formación afrontaba un repertorio tan extenso, sobre todo tendo en conta as idades dos compoñentes, que van dos 11 as 16 anos.

FESTIVAL " TU SI QUE TRIUNFAS"


O pasado 18 de Xuño a Escola Municipal de Música celebrou o concerto fin de curso 2009-10 cunha especial gala de música moderna con nome "Tú si que triunfas" que fixo as veces de imitación de algún dos programas televisivos como “Operación triunfo” ou “Tu si que vales”, espazos dos que se extrae o simpático nome.

Pero ademáis esta gala viu ser a culminación dun interesado e completo esforzo que os alumnos e alumnas desenvolveron ó longo do último trimestre para a súa preparación.


Así, na Gala actuou todo o elenco de idades, dende os pequenos de 4 anos aos alumnos que rematan a súa formación. Os primeiros adicáronnos unha coreografía sobre o tema de actualidade “Tenía tanto que darte” de Nena Daconte e os últimos unha versión preparada por eles de “Tengo el Corazón contento” de Marisol.


Con estas participacións tivemos a oportunidade de escoitar temas míticos do Pop e do Rock dos últimos 50 anos coma “Don´t Worry be happy” de Booby Mcferryn, “Me colé en una fiesta” de Mecano, “Mamma mía” de ABBA, “Bailando” de Alaska ou “Viva la Vida” de Coldplay.


Con este concerto, a Escola completa un intenso ciclo de actuacións e celebracións que este curso incluiu ate 6 Festivais de Música, 24 concertos e audicións de alumnos, 8 sesións didácticas para máis de 1200 rapaces e un Intercambio Musical entre Escolas.

E é que o plantexamento educativo do proxecto da Escola considera como fundamental na formación dos músicos que sexan dende o inicio protagonistas dos concertos e actividades e que se formen a carón do público, non só nas aulas.

Con iso, a Escola é cada día máis recoñecida e demandada, feito que se corrobora cada Setembro, que é o mes que teñen os interesados para presentar solicitudes para o ingreso na súa disciplina .