mércores, 24 de novembro de 2010

CONCERTO SANTA CECILIA 2010

O vindeiro Xoves 25 de Novembro a Escola celebra o seu primeiro concerto na Nova sede da Reitoral de San Martiño.

Trátase dun Concerto adicado a patroa dos músicos Santa Cecilia e que servirá para inaugurar
o ciclo de actuacións que a partires de agora se organizarán no novo espazo, a Sala de Audicións

O evento está previsto para as 19:00h e, coma outros anos, consistirá en disfrutar de música en directo acompañada por uns cafés, infusións con bizcoitos e bolachas que os asistentes soen levar a modo de colaboración.

A partires de entón as clases se impartirán xa no novo centro, deixando atrá unha longa etapa de actividade no CEIP Reibón.

O DIA DA INAUGURACIÓN





O pasado Mércores 10 de Novembro, coincidindo co inicio das festas máis populares de Moaña,
as festas na Honra a San MArtiño, a Escola de Música inaugurou a súa nova sede que despois dos comentarios vertidos sobre o seu atractivo será un centro no que apeteza máis estudar música.

Despois duns emotivos dircursos do Director da Escola, David Santiago, do Presidente do Patronato Beiramar Arturo González e do propio Alcalde D. Xosé M. Millán, recordando os inicios da institución e os esforzos aplicados no seu crecemento, os asistentes visitaron as instalacións á vez que disfrutaron de música en directo e diversas proxeccións audiovisuais informativas. Cabe sinalar a alta afluencia de público que encheu as dependencias e a participación da agrupación "Airiños Brass" e dun Cuarteto formado polos profesores do Centro.



luns, 8 de novembro de 2010

CAMBIO NA INAUGURACION - MÉRCORES 10 ás 18:00h

A previsión de mal tempo para o martes 9, obriga a aprazar a inauguración da nova sede da Escola Municipal de Música.

O acto se celebrará o Mércores 10 ás 18:00h coa previsión de manter o mesmo programa.

mércores, 3 de novembro de 2010

INAUGURACIÓN DA NOVA ESCOLA - 9 Novembro - 19:00h



A CASA DA MÚSICA de Moaña está a piques de ser inaugurada.
O vindeiro martes día 9 de Novembro, coincidindo co inicio das festas de San Martiño as portas da nova sede da Escola Municipal de Música abrirán para todos os que se queiran achegar a presenciar o acto e, como non, a visitar as instalacións tal e como van ser utilizadas polo centro docente.

No evento, que se celebrará ás 19:00h, contarase coa presenza do Alcalde D. X.Manuel Millán e dunha representación da Corporación municipal ademais de agrupacións musicais tanto da Escola coma algunha invitada.


A estrea da nova sede virá a se-la consecución dunha das necesidades máis reclamadas nos últimos anos, que aportará un indubidable peso institucional ao centro e que servirá de lugar de esparcimento a esta arte que con tan
bo afán desenvolven tanto alumnos coma profesores e impulsará á escola a ser un centro de referencia de ensino musical non regrado na comarca, de xeito que se vexa abastecida polos anos necesarios e de cara a un futuro no que o aclamado Auditorio Municipal sirva de sede definitiva.